TAREFA



Fonte: Tenor. 

Estou seguro de que agora vos estades facendo unha pregunta…

Para que imos explorar? 



Antes de nada vouvos explicar unha cousa. Ademais de inquietos e bromistas, os trasnos somos seres moi curiosos e non puiden evitar investigar sobre o voso colexio. Quería sabelo todo!!

Buscando e buscando, decateime de que todos os anos facedes un festival de fin de curso, é iso certo? Non fai falta que contestedes, xa sei que si.

Pois precisamente o festival de fin de curso é causa pola que vos vou a axudar a investigar sobre as lendas galegas. Ocorréuseme a idea de facer un teatro sobre unha lenda para representala no festival. Que vos parece? Non contestedes, xa sei que é xenial.

Falei coas vosas mestras, e tamén lles gustou a idea, pero dixéronme que non sabedes nada do mundo lendario galego. Por iso, imos ter que seguir dous pasos para poder alcanzar o noso obxectivo: 
  • Imos facer unha presentación das lendas máis famosas e importantes de Galiza, así saberedes máis sobre a maxia que agocha o lugar no que estudades. Ademais, colgaremos esta presentación na páxina web do colexio, canta máis xente saiba sobre a cultura galega mellor! A que si?
  • Como todas estas lendas están xa moi vistas, imos traballar todos en equipo para inventar unha nova lenda. Teredes que explotar moi ben a vosa imaxinación, porque vai a ser o conto que representemos no festival de fin de curso!