Realizaremos o noso proxecto en tres pasos e durante 6 sesións de clase.
Como son moitas lendas, repartirémonos en 5 equipos de investigación. Cada un investigará un territorio galego determinado:
Fonte: Pinterest. |
Fonte: Pinterest. |
Equipo de
investigación de A Coruña.
Equipo de
investigación de Lugo.
Equipo de
investigación de Pontevedra.
Equipo de
investigación de Ourense.
Equipo de
investigación de Santiago de Compostela.
>> PRIMEIRO PASO: Organizámonos! <<
Como xa vos dixen, os trasnos somos son moi travesos e molestos. Así que
facendo honra da miña natureza non vos vou deixar facer os grupos. Son malo a
que si?
Na 1ª
sesión - elixiremos de forma aleatoria os grupos e o territorio que lle toca investigar a cada equipo. Para
iso, empregaremos a seguinte páxina web: https://echaloasuerte.com/
>> SEGUNDO PASO: Facemos unha presentación! <<
Os equipos de A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense investigarán dúas
lendas. Pero o equipo de Santiago de Compostela tan só se centrará na lenda
máis importante de Galiza, porque é a máis longa e complicada de comprender.
Ademais, como temos que saber en calidade sobre o mundo lendario galego,
explicaredes o que investigastes aos vosos compañeiros. Realizaremos o segundo
paso en tres sesións de clase:
Na 2ª sesión - ANÁLISE
E SÍNTESE DA INFORMACIÓN:
A continuación vos deixo o pack de
investigación de cada equipo, elixídeo ben! Teredes que analizar a información que conteñen as páxinas web e resumilas. Para iso, facede click esquerdo sobre os enlaces (son os que están en cor verde) e recollede as frases máis importantes nos vosos cadernos. Estas frases tan só deben servir para recordar a información, así que deben ser poucas e curtas.
Como son un trasno moi bo vouvos dar dúas pistas:
- Tede moito coidado co idioma, en calquera documento que fagades é moi importante empregar sempre o mesmo idioma. Algunhas páxinas que visitaredes estarán en galego, pero outras en castelán... cousas de Internet... NON VOS DESPISTEDES!!
- Clasificade en apartados as frases que anotedes para non facervos un lío. Recoméndovos empregar como título dos apartados as frases que están subliñadas.
Se tedes oportunidade, invítovos a preguntar á vosa familia ou ás vosas amizades se saben algo da lenda que estades investigando. Se vos din algo importante, apuntádeo para que non se vos olvide!!
Como son un trasno moi bo vouvos dar dúas pistas:
- Tede moito coidado co idioma, en calquera documento que fagades é moi importante empregar sempre o mesmo idioma. Algunhas páxinas que visitaredes estarán en galego, pero outras en castelán... cousas de Internet... NON VOS DESPISTEDES!!
- Clasificade en apartados as frases que anotedes para non facervos un lío. Recoméndovos empregar como título dos apartados as frases que están subliñadas.
Se tedes oportunidade, invítovos a preguntar á vosa familia ou ás vosas amizades se saben algo da lenda que estades investigando. Se vos din algo importante, apuntádeo para que non se vos olvide!!
Pack
de investigación do equipo de A Coruña:
Título: A Compaña.
Preciso para comprender a lenda: https://bit.ly/2zzcYjL
A lenda: https://bit.ly/3f7l6rW (Ide directos á páxina 3 e lede só o recadro que
se titula “A Santa Compaña”).
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Título: A cobra do encanto.
Preciso para comprender a lenda: https://youtu.be/9e1m4tgPuLQ?t=271
A lenda: https://issuu.com/marichoni/docs/serpes (Ide directos á páxina 2 e lede só o apartado de
“Lendas”).
|
Pack de
investigación do equipo de Lugo:
Título: O lobishome
de Cervantes.
Preciso para comprender a lenda: https://bit.ly/2LqV0mn
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
Título: Galaaz en Galiza.
Preciso para comprender a lenda: https://bit.ly/2X3oGuV
A lenda: https://bit.ly/3aPX1CN
|
Pack de
investigación do equipo de Pontevedra:
Título: O ferreiro de
Castrelos.
Preciso para comprender a lenda: https://bit.ly/2T3CNPT
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Título: A lenda dos tesouros afundidos de Rande.
A lenda: https://bit.ly/2WCXaWo
Curiosidades: https://juliovernemaisvigo.blogspot.com/
|
Pack de
investigación do equipo de Ourense:
Título: As lavandeiras do río Sil.
Curiosidades: https://ourodoriosil.blogspot.com/
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Título: A trabe de ouro e a trabe de alcatrán.
Preciso para comprender a lenda: https://bit.ly/3by9UBD
A lenda: https://www.youtube.com/watch?v=eqOAzxivQ5w |
Pack
de investigación do equipo de Santiago de Compostela:
Título: Os restos do Apóstolo Santiago.
Preciso para comprender a lenda: accedede ás páxinas web por orde! 1º. https://elapostolsantiago.blogspot.com/p/apostoles.html
A lenda: https://bit.ly/2TmIrwP
|
Na 3ª sesión - CREACIÓN DA PRESENTACIÓN:
Para realizar a presentación empregaremos
o programa Microsoft PowerPoint. Seguide os seguintes titoriais para aprender a
empregalo. Cando rematedes, avisade a algunha mestra para que garde a vosa presentación nun pincho.
1º. Como crear unha carpeta no ordenador.
2º. Como crear unha presentación.
3º. Como escribir na presentación.
4º. Como poñer imaxes na presentación.
Como xa vos dixen, todas as presentacións
que realicedes as colgaremos na páxina web da escola, así todo o que queira
saber sobre as lendas galegas poderá informarse.
Na 4ª sesión - PRESENTACIÓN DA INFORMACIÓN:
Neste día explicaredes aos vosos
compañeiros e compañeiras os datos que recompilastes. Ademais, coa axuda das
vosas mestras proxectaredes as vosas presentacións, así tamén vos servirán de
soporte para a explicación.
>> TERCEIRO PASO: Creamos unha obra de teatro! <<
Temos que ensinar os nosos coñecementos
ao mundo! E temos que facer a mellor actuación do festival de fin de curso! Non
podemos limitarnos a representar unha lenda moi vista. Temos que ser os máis
orixinais de todo o colexio! Seguiremos dous pasos que levaremos a cabo en dous
días.
Fonte: Wix.com |
Na 5ª sesión - FACEMOS UN GUIÓN DE TEATRO.
A partir de aquí a división por equipos
rematou. Traballaremos todos en conxunto para crear dende a nosa imaxinación
unha historia que se poda representar no teatro.
Na 6ª sesión - PULIMOS O GUIÓN.
Fonte: Aeropaq. |
Neste día imos facer un primeiro ensaio da
nosa obra de teatro, así que teredes que traer aprendidos os vosos papeis e
funcións. As vosas mestras gravarán a actuación e, no resto que quede de clase,
proxectarán o vídeo na pantalla dixital. Así poderemos ver que tal quedou o noso
guión e tamén realizar algúns axustes.
Unha vez perfeccionado o guión... XA TEMOS
ACTUACIÓN PARA O FESTIVAL!!